Un ano máis voltamos con novos folgos nesta tarefa de promocionar o atletismo en pista entre os colexios da contorna de vigo.
Nesta edición presentamos dous cambios fundamentais:
Nesta edición presentamos dous cambios fundamentais:
- Por un lado nas datas, que nesta ocasión collemos as do principio do curso en vez de na primavera como facíamos antes.
- O outro cambio é que agora teremos tres categorías, para que a diferencia entre os nenos e nenas non sexa demasiado grande.
Por contra, ao ter máis categorías, eliminamos algunha das probas individuais que incorporáramos nas últimas edicións, (lanzamento de pelota e valados...).
Agardamos que vos animedes a participar con nós nesta nova edición, colaborando na aprendizaxe e difusión do atletismo entre os escolares de vigo e a súa contorna.
Un saúdo.
Poderedes atopar neste blog unha páxina exclusiva para este evento onde iremos informando das novas do evento e onde publicaremos os resultados e toda a información cando comece a XI Liga Intercolexios.